Saltar ao contido principal

4ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Durante a cuarta xornada de XOGADE, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria descansaron. Pero os de 5º e 6º recibimos a visita este mércores día 25 de abril do alumnado de 6º curso do CEIP E. Barreiro de Vilariño (Cambados).
         

Xogamos ó baloncesto, balonmán, xadrez, fútbol e brilé. Foron encontros moi disputados onte triunfou a deportividade. Moitas gracias pola visita a todos os nenos e as nenas de Vilariño, ata a próxima xornada!

 Picando nas fotos poderás entrar na galería da xornada.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A BAILAR O TROMPO!

Con motivo da celebración do Magosto, no CEIP de Nantes realizamos un concurso de trompos. A través del, seleccionáronse os representantes para un futuro concurso entre varios centros da zona. Había dúas modalidades, unha "a escachar" e outra de "malabarismos". Pasámolo moi ben e, o máis importante, os máis expertos con esta disciplina compartimos a nosa sabedoría co trompo cos máis pequenos e pequenas do colexio!

XXIV CONCURSO INTERCENTROS DE TROMPOS

Este xoves, 30 de novembro do 2017, unha representación de alumnos viaxamos dende o CEIP de Nantes para participar no  XXIV Concurso Intercentros de Trompos  que este curso se celebrou no CEIP A Florida. O concurso estaba dividido en dúas modalidades: "A Escachar" e "Malabarismos". Cada modalidade estaba dividida en tres categorías según a idade dos e das participantes. Queremos dar os parabéns a todos e a todas as participantes xa que o concurso foi moi emocionante e divertido, con algunhas das categorías moi disputadas xa que ata se tiveron que realizar desempates para resolver as clasificacións finais...  Pasámolo xenial e ata gañamos algún premio...! Picade na imaxe se queredes ver máis fotografías da xornada!

CALENDARIO DOS ALIMENTOS

Durante este curso, o tema anual no CEIP de Nantes é a alimentación.  Unha das propostas foi a de crear un calendario con todos os meses do 2018 decorados con alimentos ou pratos típicos de cada mes. Dende Educación Física, creamos o mes de setembro e buscamos alimentos propios desta época para decoralo. Berenxenas, cenorias, figos, plátanos... Este foi o resultado!