Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

CARREIRA SOLIDARIA

E por fin chegou o día! Hoxe, 30 de xaneiro e con motivo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, no cole realizamos a carreira solidaria da que vos falamos en entradas anteriores... Foi un día cheo de emocións xa que tamén nos viñeron a ver e a animar algúns dos nosos familiares. Demos unha chea de voltas para axudar e acabamos moi cansos e cansas, aínda que mereceu a pena! Picando na foto podedes acceder á galería do cole e ver imaxes da xornada.

PREPARANDO A CARREIRA SOLIDARIA

Durante este mes de xaneiro do 2018, os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria estamos a organizar a carreira solidaria que celebraremos o día 30 con motivo da conmemoración do Día da Paz. Os nenos e nenas de primaria xa teñen todos e todas os seus carnés de corredores e corredoras e xa están a buscar patrocinadores e patrocinadoras que os e as apoien para a carreira. Xa preparamos os diferentes circuítos onde se desenvolverá a carreira dos diferentes niveis e estamos practicando nas clases de educación física para conseguir dar o maior número de voltas posibles e así axudar un pouco a través da ONG Save the Children ós nenos e ás nenas de Sudán do Sur que están a pasar tanta fame.

1ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

E para completar esta primeira xornada de XOGADE, os alumnos e alumnas da categoría alevín (5º e 6º curso de primaria) visitamos o Colexio Abrente para vivir unha xornada deportiva moi emocionante e divertida. Xogamos ó baloncesto, bádminton, xadrez, fútbol, brilé e balonmán! Pasámolo xenial e fixemos novos amigos e novas amigas así como visitamos a outros e outras que xa o eran. Podedes ver fotos máis fotos da xornada no seguinte enlace ou picando nas fotografías, estamos desexando que chegue a segunda xornada! +FOTOS

1ª XORNADA XOGADE (BENXAMÍN)

Hoxe, martes día 23 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitamos o CEIP Cruceiro para desfrutar da primeira xornada deportiva entre centros deste curso 2017 - 2018. Xogamos a varios deportes como o fútbol, o baloncesto, o xadrez... E ata xogamos unha gran partida de brilé onde participamos todos os xogadores e as xogadoras ó mesmo tempo! Logo dun merecido descanso e unha boa merenda con froita incluída, volvemos ó noso cole coa satisfacción de desfrutar dunha xornada na que o pasamos moi ben e fixemos novos amigos e novas amigas, que era o principal obxectivo! Podedes ver máis fotos da xornada no seguinte enlace ou picando nas seguintes fotografías! FOTOS DA XORNADA.