Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

XXIV CONCURSO INTERCENTROS DE TROMPOS

Este xoves, 30 de novembro do 2017, unha representación de alumnos viaxamos dende o CEIP de Nantes para participar no  XXIV Concurso Intercentros de Trompos  que este curso se celebrou no CEIP A Florida. O concurso estaba dividido en dúas modalidades: "A Escachar" e "Malabarismos". Cada modalidade estaba dividida en tres categorías según a idade dos e das participantes. Queremos dar os parabéns a todos e a todas as participantes xa que o concurso foi moi emocionante e divertido, con algunhas das categorías moi disputadas xa que ata se tiveron que realizar desempates para resolver as clasificacións finais...  Pasámolo xenial e ata gañamos algún premio...! Picade na imaxe se queredes ver máis fotografías da xornada!

QUECEMENTO

Aquí unha "tarefa TIC" que realizamos dende Educación Física sobre o quecemento , esperamos que vos guste e que poidades aprender algunha cousiña!

CALENDARIO DOS ALIMENTOS

Durante este curso, o tema anual no CEIP de Nantes é a alimentación.  Unha das propostas foi a de crear un calendario con todos os meses do 2018 decorados con alimentos ou pratos típicos de cada mes. Dende Educación Física, creamos o mes de setembro e buscamos alimentos propios desta época para decoralo. Berenxenas, cenorias, figos, plátanos... Este foi o resultado!

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Xa temos data! O día 30 de xaneiro do 2018 , celebraremos o Día da Paz realizando unha carreira solidaria. Buscaremos patrocinadores e patrocinadoras que nos poidan dar diñeiro a cambio das voltas que consigamos realizar ó longo dun circuíto. Así, tentaremos axudar a través da ONG Save the Children a nenos e nenas que sofren desnutrición. A adestrar e a prepararse para recorrer moitos quilómetros!

EXPOSICIÓN PINTURA - TROMPOS

Este mércores e xoves días 15 e 16 de novemobro temos no cole unha exposición de pinturas e debuxos adicados ó trompo. Están feitos por nenas e nenos de diferentes centros da zona. Ademais, tamén se poden ver os trofeos e medallas que gañarán os e as participantes do campionato de trompos entre diferentes centros o día 30 de novembro! A ver se conseguimos traer algún para Nantes!

A BAILAR O TROMPO!

Con motivo da celebración do Magosto, no CEIP de Nantes realizamos un concurso de trompos. A través del, seleccionáronse os representantes para un futuro concurso entre varios centros da zona. Había dúas modalidades, unha "a escachar" e outra de "malabarismos". Pasámolo moi ben e, o máis importante, os máis expertos con esta disciplina compartimos a nosa sabedoría co trompo cos máis pequenos e pequenas do colexio!