Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

2ª XORNADA XOGADE (BENXAMÍN)

Para completar esta segunda xornada, este mércores día 28 de febreiro, os alumnos e as alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitamos o CEIP de Portonovo. Alí xogamos un partido de baloncesto e outro de balonmán. Estiveron moi competidos aínda que triunfou a deportividade ! Logo botamos unha gran partida de brilé que non nos deu tempo a acabar. Despois dunha parada para descansar e merendar, acabamos a xornada cun partido de fútbol e unha "foto de familia" durante a cal aproveitamos para despedirnos e felicitarnos polo día deportivo que vivimos! Picando na imaxe accederedes á galería completa .

2ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Este martes, día 27 de febreiro do 2018, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitamos o CEIP As Bizocas (O Grove) para vivir unha nova xornada de deporte escolar. Comezamos xogando ó baloncesto e ó balonmán para logo realizar uns partidos de brilé. Ó rematar, dispuxemos dun pequeno descanso para merendar e repoñer forzas... Despois retomamos a actividade xogando un pouco ó bádminton para rematar cun partido de fútbol e varias partidas de xadrez. Estivo xenial e estamos desexando que chegue a terceira xornada! Picando nas imaxes podes acceder ó álbum de imaxes completo .