Saltar ao contido principal

3ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Este martes, día 20 de marzo, os alumnos e alumnas do CEIP de Nantes visitamos o CEIP de Noalla - Telleiro para vivir outra xornada de deporte na escola.
Comezamos a mañá xogando ó baloncesto, ó bádminton e ó balonmán. Logo dun descanso, retomamos a actividade cun partido de fútbol e con varias partidas de xadrez.
Para finalizar, xogamos unha gran partida de brilé entre todos e todas as participantes e despedímonos ata a próxima xornada.
Foi un encontro moi divertido onde reinou a deportividade!

      

      


Comentarios

Publicacións populares deste blog

4ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Durante a cuarta xornada de XOGADE, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria descansaron. Pero os de 5º e 6º recibimos a visita este mércores día 25 de abril do alumnado de 6º curso do CEIP E. Barreiro de Vilariño (Cambados).           Xogamos ó baloncesto, balonmán, xadrez, fútbol e brilé. Foron encontros moi disputados onte triunfou a deportividade. Moitas gracias pola visita a todos os nenos e as nenas de Vilariño, ata a próxima xornada!  Picando nas fotos poderás entrar na galería da xornada.

1ª XORNADA XOGADE (BENXAMÍN)

Hoxe, martes día 23 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitamos o CEIP Cruceiro para desfrutar da primeira xornada deportiva entre centros deste curso 2017 - 2018. Xogamos a varios deportes como o fútbol, o baloncesto, o xadrez... E ata xogamos unha gran partida de brilé onde participamos todos os xogadores e as xogadoras ó mesmo tempo! Logo dun merecido descanso e unha boa merenda con froita incluída, volvemos ó noso cole coa satisfacción de desfrutar dunha xornada na que o pasamos moi ben e fixemos novos amigos e novas amigas, que era o principal obxectivo! Podedes ver máis fotos da xornada no seguinte enlace ou picando nas seguintes fotografías! FOTOS DA XORNADA.

2ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Este martes, día 27 de febreiro do 2018, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitamos o CEIP As Bizocas (O Grove) para vivir unha nova xornada de deporte escolar. Comezamos xogando ó baloncesto e ó balonmán para logo realizar uns partidos de brilé. Ó rematar, dispuxemos dun pequeno descanso para merendar e repoñer forzas... Despois retomamos a actividade xogando un pouco ó bádminton para rematar cun partido de fútbol e varias partidas de xadrez. Estivo xenial e estamos desexando que chegue a terceira xornada! Picando nas imaxes podes acceder ó álbum de imaxes completo .