Este martes, día 27 de febreiro do 2018, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitamos o CEIP As Bizocas (O Grove) para vivir unha nova xornada de deporte escolar.
Comezamos xogando ó baloncesto e ó balonmán para logo realizar uns partidos de brilé. Ó rematar, dispuxemos dun pequeno descanso para merendar e repoñer forzas...
Despois retomamos a actividade xogando un pouco ó bádminton para rematar cun partido de fútbol e varias partidas de xadrez.
Estivo xenial e estamos desexando que chegue a terceira xornada!
Picando nas imaxes podes acceder ó álbum de imaxes completo.
Comentarios
Publicar un comentario