Para completar esta segunda xornada, este mércores día 28 de febreiro, os alumnos e as alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitamos o CEIP de Portonovo.
Alí xogamos un partido de baloncesto e outro de balonmán. Estiveron moi competidos aínda que triunfou a deportividade! Logo botamos unha gran partida de brilé que non nos deu tempo a acabar.
Despois dunha parada para descansar e merendar, acabamos a xornada cun partido de fútbol e unha "foto de familia" durante a cal aproveitamos para despedirnos e felicitarnos polo día deportivo que vivimos!
Picando na imaxe accederedes á galería completa.
Comentarios
Publicar un comentario