Saltar ao contido principal

PREPARANDO A CARREIRA SOLIDARIA

Durante este mes de xaneiro do 2018, os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria estamos a organizar a carreira solidaria que celebraremos o día 30 con motivo da conmemoración do Día da Paz.
Os nenos e nenas de primaria xa teñen todos e todas os seus carnés de corredores e corredoras e xa están a buscar patrocinadores e patrocinadoras que os e as apoien para a carreira.
Xa preparamos os diferentes circuítos onde se desenvolverá a carreira dos diferentes niveis e estamos practicando nas clases de educación física para conseguir dar o maior número de voltas posibles e así axudar un pouco a través da ONG Save the Children ós nenos e ás nenas de Sudán do Sur que están a pasar tanta fame.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

4ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Durante a cuarta xornada de XOGADE, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria descansaron. Pero os de 5º e 6º recibimos a visita este mércores día 25 de abril do alumnado de 6º curso do CEIP E. Barreiro de Vilariño (Cambados).           Xogamos ó baloncesto, balonmán, xadrez, fútbol e brilé. Foron encontros moi disputados onte triunfou a deportividade. Moitas gracias pola visita a todos os nenos e as nenas de Vilariño, ata a próxima xornada!  Picando nas fotos poderás entrar na galería da xornada.

1ª XORNADA XOGADE (BENXAMÍN)

Hoxe, martes día 23 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitamos o CEIP Cruceiro para desfrutar da primeira xornada deportiva entre centros deste curso 2017 - 2018. Xogamos a varios deportes como o fútbol, o baloncesto, o xadrez... E ata xogamos unha gran partida de brilé onde participamos todos os xogadores e as xogadoras ó mesmo tempo! Logo dun merecido descanso e unha boa merenda con froita incluída, volvemos ó noso cole coa satisfacción de desfrutar dunha xornada na que o pasamos moi ben e fixemos novos amigos e novas amigas, que era o principal obxectivo! Podedes ver máis fotos da xornada no seguinte enlace ou picando nas seguintes fotografías! FOTOS DA XORNADA.

2ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Este martes, día 27 de febreiro do 2018, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitamos o CEIP As Bizocas (O Grove) para vivir unha nova xornada de deporte escolar. Comezamos xogando ó baloncesto e ó balonmán para logo realizar uns partidos de brilé. Ó rematar, dispuxemos dun pequeno descanso para merendar e repoñer forzas... Despois retomamos a actividade xogando un pouco ó bádminton para rematar cun partido de fútbol e varias partidas de xadrez. Estivo xenial e estamos desexando que chegue a terceira xornada! Picando nas imaxes podes acceder ó álbum de imaxes completo .