E para completar esta primeira xornada de XOGADE, os alumnos e alumnas da categoría alevín (5º e 6º curso de primaria) visitamos o Colexio Abrente para vivir unha xornada deportiva moi emocionante e divertida.
Xogamos ó baloncesto, bádminton, xadrez, fútbol, brilé e balonmán! Pasámolo xenial e fixemos novos amigos e novas amigas así como visitamos a outros e outras que xa o eran.
Podedes ver fotos máis fotos da xornada no seguinte enlace ou picando nas fotografías, estamos desexando que chegue a segunda xornada!
+FOTOS
Comentarios
Publicar un comentario