Este
xoves, 30 de novembro do 2017, unha representación de alumnos
viaxamos dende o CEIP de Nantes para participar no XXIV
Concurso Intercentros de Trompos que
este curso se celebrou no CEIP A Florida.
O
concurso estaba dividido en dúas modalidades: "A Escachar"
e "Malabarismos". Cada modalidade estaba dividida en tres
categorías según a idade dos e das participantes.
Queremos
dar os parabéns a todos e a todas as participantes xa que o concurso
foi moi emocionante e divertido, con algunhas das categorías moi
disputadas xa que ata se tiveron que realizar desempates para
resolver as clasificacións finais...
Pasámolo xenial e ata gañamos algún premio...!
Picade
na imaxe se queredes ver máis fotografías da xornada!
Comentarios
Publicar un comentario